Os socialistas alertan de un servizo precario de emerxencias

A agrupación local do PSdeG alerta sobre o precario estado no que se atopan os servizos de emerxencia unha vez que o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) quedou dende o pasado 24 de novembro con tan só tres efectivos e tendo en conta, ademáis, que a Xunta non rematou o parque de bombeiros. 'Hai que lembrar que o alcalde do Carballiño e o conselleiro da presidencia aseguraran na Mancomunidade de concellos que o servizo de Parque de Bombeiros estaría rematado este mesmo ano'.
Por ese motivo, 'esta agrupación lamenta a falta de compromiso por parte do Concello e Xunta que non teñen reparos en deixar sen servizo de seguridade ó Carballiño e prescinden do Grumir sen contar co parque de bombeiros xa funcionando'.

En consecuencia, os socialistas pregúntanse, 'que pasaría se acontecera un sinistro con certa gravedade e con necesidade de contar con persoal con preparación para solventar unha emerxencia'. Ademáis, 'cál é a responsabilidade tanto do alcalde do Carballiño como do presidente da Xunta no caso dunha eventualidade grave', sinalaron.

Te puede interesar