Os socialistas demandan vivendas novas na Fontela

Unha proposición non de lei foi presentada polas deputadas Laura Seara e Mar Barcón ante o Parlamento de Galicia para solicitar da Xunta a execución do proxecto de erradicación do chabolismo no núcleo de A Fontela (Maside), coa construcción de novas vivendas para os seus habitantes.
As deputadas Laura Seara e Mar Barcón, do grupo socialista, presentaron no Parlamento galego unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a continuar coa actuación iniciada polo anterior Goberno autonómico e o Concello de Maside para erradicar o chabolismo no asentamento xitano de A Fontela, e os prazos que se manexan para executar iste proxecto. Laura Seara, parlamentaria por Ourense, lembra que o PSdeG vén reclamando dende o principio da lexislatura que asuma as súas responsabilidades en materia de vivenda para que, conxuntamente cos concellos, loite contra o chabolismo.

A deputada destaca que dende o grupo de goberno municipal de Maside xa se iniciaron as accións oportunas na pasada lexislatura, conxuntamente co Instituto Galego de Vivenda e Solo, para erra dicar o problema do asentamento de chabolas de A Fontela. Neste sentido, asinouse un convenio para a construcción de vivendas sociais en réxime de aluguer, cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros entre os anos 2008 e 2010.

‘No ano pasado, a Xunta mercou os terreos, pero a día de hoxe o alcalde de Maside, Celso Fernández, aínda descoñece as previsións que o goberno de Feijóo ten para esta actuación’, sinalan.

Te puede interesar