A suba de soldo para tres funcionarios do Concello enfrenta a sindicatos e oposición

O comité de empresa do Concello do Carballiño manifestou o seu descontento polas declaracións do grupo municipal do BNG, ‘que vénnha velada crítica á representación sindical sobre que non defendemos ós nosos afiliados’.

O presidente do comité, Francisco Ortega, considera que ‘a Mesa Xeral de Negociación debería ser o instrumento que regule toda relación entre a Administración e os traballadores municipais’.

O responsable sindical do persoal laboral engade que ‘tan desinformadas acusacións teñen un contrapunto na adopción dun acordo plenario cos votos de BNG e PP polo que se lle suben as retribucións a tres funcionarios’. Francisco Ortega asegura que esta aprobación incumpre ‘gravemente a Lei de Presupostos e a negociación colectiva, xa que non atende a criterios obxectivos e, ademais, significa un despilfarro dos recursos económicos do concello ó non revertir nunha mellora do servizo que reciben os cidadáns’.

Iste comunicado foi respostado polo voceiro nacionalista na comisión informativa de persoal, Bernardo García, sinalando que ‘extráñame moito esta postura en contra da suba a eses funcionarios, xa que os sindicatos están aí para defender melloras para os seus afiliados’. O concelleiro do BNG lembra que ‘a decisión do incremento ós traballadores foi tomada pola maioría democrática da Corporación, guste ou non ó delegado dos traballadores’. Pola súa banda, o voceiro ‘popular’ no Concello carballiñés, Argimiro Marnotes, preguntou ‘onde está a acta na que se certifica que o señor Francisco Ortega é o presidente do comité de empresa, xa que ise posto corresponde a outra persoa’.

Te puede interesar