cultura

Teatro del Norte representa no Auditorio a obra ‘Elektra'

A compañía profesional asturiana Teatro del Norte representará mañá, ás 20,30 horas, no Auditorio municipal, a obra "Elektra".

Trátase dunha das grandes heroínas tráxicas dos clásicos griegos e tamén un dos personaxes máis complexos. Este espectáculo recolle a visión de "Elektra" de Sófocles e tamén a de Eurípides, Von Hofmannsthal, Sastre, Müller e Strauss nun traballo con acentuado aroma operístico.   

A obra está dirixida por Etelvino Vázquez, e os seus intérpretes son David González, Etelvino Vázquez e Cristina Lorenzo. Foi estrenada este verán en Asturias, polo que se trata dunha montaxe moi recente.

Elektra ven precedida dunha magnífica crítica que cualifica o espectáculo como “unha montaxe de gran beleza, moi cuidado e cun ritmo e duración aducados. A xustiza, a venganza, o temor e u odio son os temas universais que ainda siguen vixentes”. 

Con esta obra, a compañía Teatro del Norte (fundouse no ano 1985) pecha unha triloxía dedicada a tres personaxes femininos fundamentais na historia do teatro europeo: Mariana Pineda, Nora e Elektra.

Te puede interesar