A terceira fase para soterrar o cableado en Pazos superará os 200.000 euros

O acondicionamento urbanístico da localidade de Pazos de Arenteiro, en Boborás, para a súa transformación en ‘aldea turística’ continuará en poucos días co desenvolvemento da terceira fase para o soterrado do cableado eléctrico e de telefonía. Según lembrou o alcalde do municipio, Cipriano Caamaño, ‘nestas obras xa se investiron ó redor de 500.000 euros en dúas fases, con cargo ós fondos do 1% cultural do Ministerio de Fomento’.
Nesta nova quenda, o orzamento previsto supera os 200.000 euros, ‘pero para completar o proxecto termos que ir a unha cuarta fase, para que confiamos en firmar un convenio coa Consellería de Política Territorial’, adianta o rexedor. Cipriano Caamaño sinala que ‘o obxectivo é a mellora da imaxe do conxunto histórico artístico de Pazos, que foi declarado monumento nacional e que figura como zona de protección especial no borrador do Plan Xeral de Ordenación que temos en trámite’.

Concesión

A posta en marcha da ‘aldea turística’ estaba pendente dunha reforma integral da rede de suministro de enerxía eléctrica, que xa foi solventada coa instalación dun novo transformador, e da reposición do sistema de abastecemento e saneamento, tamén rematada. ‘No mes pasado xa adxudicamos a explotación das catro casas de aloxamento rural a unha empresa, que é a mesma que xestiona a oficina de turismo e a residencia da antiga casa rectoral’, indica o alcalde ‘popular’. A concesión das vivendas suporá uns ingresos de 6.000 euros para as arcas municipais por un periodo mínimo de 10 anos, según as bases da concesión.


Te puede interesar