SECTOR SERVICIOS

As terrazas da hostalería volven ocupar as rúas e prazas da vila

A policía local fará controles para que o número de mesas instaladas se corresponda coas autorizadas

Os hostaleiros do Carballiño que solicitaron autorización para instalar as terrazas durante o ano xa ofreceron onte o servizo aos clientes. Mesas, sillas e tarimas volven a estar nas rúas e prazas, despois de que o Concello obrigase nos últimos días de xaneiro pasado a retirarlas para cumprir coa ordenanza municipal que prohibe o seu uso durante o primeiro mes de cada ano, e seguindo a reclamación feita polo grupo Alternativa Veciñal. 

Antes de Semana Santa haberá un novo prazo para solicitar a tempada estacional que comprende desde marzo a outubro. Ademais, proximamente reunirase a comisión de seguimento das terrazas para establecer por escrito algunas melloras como pode ser a obriga de poñer un papel no escaparate con visibilidade desde o exterior onde se especifique o tipo de licenza e periodo a que se acolle cada negocio. "Iso evitará a picaresca de que se pida un número de mesas e na práctica se instalen máis", sinala o portavoz de Alternativa Veciñal, Bernardo García.

Tamén se lles recordará aos interesados as obrigas de limpeza e recollida de material unha vez rematada a xornada laboral e os límites de espazo. A Policía Local encargaráse de facer inspeccións periódicas de oficio ou a requerimento dos cidadáns  a fin de que se cumpra o estipulado na ordenanza. Nese sentido, García destaca o traballo da Policía Local e de outros traballadores do Concello. 

Te puede interesar