Terror, cine, humor e música neste novembro

Unha representación no Auditorio Manuel María, en novembro do ano pasado.
photo_camera Unha representación no Auditorio Manuel María, en novembro do ano pasado.
O Concello ofrece un programa cultural e de lecer en colaboración coas asociacións do sector

A Concellería de Cultura do Carballiño promove unha ampla programación de actividades, de xeito directo ou en colaboración coas asociacións da vila, para dar continuidade á oferta cultural e de lecer que se desenvolveu durante o verán e que se quere desestacionalizar ao longo do ano. 

Arranca hoxe coa Rura das Tapas, o Pasaxe do Terror e a animación nas rúas coa Charanga CLK, ademais da proxección da película “Ninjababi” e continuará o día 5 co II Magosto Popular da Insua dos Poetas, no que se contará coa actuación musical de Pele Pau e a animación de DJ Tibu. 

Para o domingo está previsto o “Magosto con Nano”, na sala de xuntas do Concello, para nenos de 1 a 3 anos, e a cargo de Raquel Queizás. O venres, día 11, será o grupo Cantanascroas o encargo de animar as rúas na segunda xornada da Ruta das Tapas e ao día seguinte actuará Tokaide.

O Carballiño está ligado históricamente á figura de Carlos Velo e Cine Club e a Fundación Carlos Velo colaboran nun ciclo especial que se lle dedica ao director do 11 ao 13 de
novembro, ofrecendo películas como “Años después”, “Somos pasajeros” e “Vieiros”, “Chocolates Cortázar” e “Enviado especial”. O 19 está previsto o musical “La granja” e tamén a actuación da Coral Polifónica do Casino do Carballiño, na Igrexa da Veracruz.

O martes  haberá unha audición do Conservatorio Profesional de Música do Carballiño e unha sesión de cine o día 24,  na Libraría Escolma, co “Festival do cine do Sáhara”.

Beatriz Rico ofrecerá o monólogo o 26, “Antes morta que convicta”, pechándose o novembro cultural coa actuación de Paco Nogueiras.

Te puede interesar