O CARBALLIÑO

Tiruleque convoca un concurso de textos teatrais sobre Ourense

O concurso literario de teatro breve “Terras do Orcellón” co gallo de fomentar a creación de textos dramáticos

O grupo Tiruleque do Carballiño convoca o concurso literario de teatro breve “Terras do Orcellón” co gallo de fomentar a creación de textos dramáticos, que enriquezan o panorama teatral galego. As obras que se presenten a este premio deberán ser orixináis, inéditas, non ser premiadas en ningún outro concurso, nin ser representadas con anterioridade; deberán estar escritas en lingua galega e facer ó longo da escrita algunha mención positiva á provincia de Ourense, ben en xeral ou polo miúdo a algún lugar ou circunstancia provincial.
Este concurso dotará económicamente ás tres primeiras obras, premiando ós seus autores con 600 euros para a mellor obra escollida polo xurado, con 400 euros para a segunda clasificada e con 200 euros para a terceira. A decisión do xurado darase a coñecer antes do primeiro de novembro deste ano.
A obra gañadora será posta en escena por Tiruleque Grupo de Teatro. Ademais, publicaranse as tres obras premiadas e poranse á venda os exemplares desta publicación.

Te puede interesar