ACTUACIÓNS

Os títeres protagonizan o oitavo festival carballiñés

photo_camera A compañía Os Quinquilláns abriu onte o festival na Praza Maior do Carballiño.

Cinco compañías de teatro animan as prazas do Carballiño para entreter aos máis cativos no "VIII Festival de Títeres" que se desenvolverá ata o venres

Cinco compañías de teatro animan as prazas do Carballiño para entreter aos máis cativos no "VIII Festival de Títeres", que deu comezo na tarde de onte na Praza Maior coa compañía Os Quinquilláns, e que se desenvolverá ata o vindeiro venres.

As seguintes representacións terán lugar na Praza dos Irmáns Prieto. Así, mañá, martes, 16 de agosto, ás 19:30 horas, será a quenda da compañía Títeres Cascanueces, que porá en  escena a obra “Un diaño na maleta”. O mércores, día 17, ás 12,00 da mañá, baixo o título “Fai un Títere”, o grupo Tanxarina animará aos pequenos a facer a súa propia marioneta, e ás 19:30 horas presentará o seu espectáculo, “Titiricircus”.

O xoves 18, ás 19:30 horas, a compañía Trécola, escenificará a obra “The Piccole Theatro”, e ó día seguinte, venres 19, a mesma compañía dirixirá o obradoiro “Fai un Títere” ás 11:30 horas. Ás 18:00, montará outro obradoiro de “Creación dun títere con material de refugallo”. En caso de choiva, as funcións serían trasladadas ao Auditorio Municipal.

Te puede interesar