A ubicación do futuro centro de saúde de O Carballiño xera polémica

O Foro Social e Cultural Terras de Breogán insta aos grupos políticos do Carballiño a rexeitar a ubicación anunciada pola Xunta de Galicia para o futuro Centro Integral de Saúde, no lugar onde está a estación de autobuses, que se pretende trasladar á de ferrocarril, creando unha intemodal. “Son moitas as persoas que se puxeron en contacto con nós, para que de alguna maneira lles demos voz”, considerando que a decisión foi tomada “depresa e sen coñecemento da realidade do pobo de Carballiño”.

Entre outras razóns refírese esta asociación a que a superficie da estación de autobuses non cubre as expectativas, porque requírense uns 4.500 metros cadrados de terreo, e a superficie total de 2.500 por planta.

Tamén ten en conta a proximidade dun colexio e do auditorio municipal o que “orixinaría moita afluencia de xente e tráfico, xunto coa recollida dos nenos e demais negocios que están cerca”, sinala a entidade.

Outra carencia sería a imposibilidade de habilitar un aparcamento e accesos nesta rúa, na que tamén “imposibilitaría a evacuación en caso de urxencias”. Nese sentido, engaden desde Terras de Breogán que “a rúa traseira é moi estreita (2 metros no punto máis estreito) e de uso dos propietarios das vivendas polo que vai ser imposible o tránsito, e a avenida do Balneario ten moito tráfico”.

Te puede interesar