Uns 700 veciños de Boborás xa poden acceder a internet

O despregamento da tecnoloxía UMTS-3G por parte de Telefónica permitirá a máis de 700 veciños de Boborás acceder á internet de calidade nos vindeiros días, tralo convenio asinado no Plan de Banda Larga da Xunta. Tal e como indicaron fontes da empresa de telecomunicacións, os núcleos de poboación beneficiados no despregue son os de Lamela, Salón, Parada, Vilanova, Xendive, Balboa, Gabián, Vecoña, Pazos de Arenteiro, Sonelle e O Regueiro.
En todos eles poderase acceder á internet con velocidades de sete megas, ó traverso dunha oferta de Hogar Dixital, no queTelefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbricas distintas á dispositivos como o ordenador, o móbil ou unha tableta. A tecnoloxía empregada pola empresa é a UTMS-3G na banda de 900 Mhz., con grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas, coma é o caso de Boborás coas estribacións da Serra do Paraño.

Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á rede, no entorno dos devanditos núcleos de poboación mellorará sensiblemente, ou activarase por vez primeira, a cobertura de datos en teléfonos móbiles. Dous anos despois, o citado plan dotou de cobertura a máis de 460.000 habitantes galegos dos 786.000 que carecían deste servizo, é dicir, un 60% do total.

Te puede interesar