Os veciños de Piñor usan a aula de internet para buscar traballo

O Concello de Piñor puxo en marcha a actividade "Buscarede", dentro do proxecto de voluntariado xuvenil "Integra II". Esta iniciativa consiste na apertura da aula de internet, situada no antiguo edificio do concello, para que toda persoa en situación de desemprego poda utilizar a rede para a procura de un posto de traballo mediante as páxinas especializadas en ofertas laborais.

Deste xeito, os usuarios deste servicio poderán aprende a elaborar o seu curriculum e envialo ás empresas nas que estén interesados ou fagan oferta de emprego.

A aula contará cunha persoa que, de forma voluntaria, axudará e apoiará ós usuarios durante o proceso.

A iniciativa desenvolverase os luns, mércores e venres de 10,00 a 13,00 horas. A maiores, ata o 30 de maio, tamén permanecerá aberta os martes e xoves de 18,00 a 20,00 horas, mentras que a partir de xuño pechará polas tardes, aínda que abrirá de luns a venres de mañá.

A actividade púxose en marcha o pasado día 7 de este mes de abril e con ela as autoridades municipais pretenden ofertar as ferramentas necesarias ós desempregados para ampliar as oportunidades de atopar un traballo. Neste caso, o Concello inclúe o seu desenvolvemento dentro do proxecto de voluntariado, que abarca a prestación tamén doutros servizos dirixidos á ciudadanía.

Te puede interesar