Un verquido de augas residuais no río Viñao veu de obras do AVE

Unha denuncia da asociación ecoloxista Adega encol dun suposto verquido de augas residuais no cauce do río Viñao, no municipio do Irixo, foi obxecto da apertura dun expediente sancionador por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Este organismo do Ministerio de Medio Ambiente apunta ó propio Concello do Irixo como responsable do verquido procedente dunha arqueta da rede de saneamento, pero o alcalde, Manuel Penedo, desminte esta posibilidade. Ó respecto, o rexedor lembra que a denuncia de Adega é do mes de agosto, 'e nós detectamos que o verquido procedía da construcción da estación de montaxe do AVE'.

Penedo engade que 'daquela xa comunicamos á Confederación e o Seprona as nosas indagacións, pero non obtivemos resposta'. A mesma documentación foi enviada de novo antronte, ó coñecer a incoación do expediente.

Te puede interesar