O CARBALLIÑO

A vila acolle ata o domingo a Feira de Stock de inverno

<p></p>
photo_camera Adolfo Nogueira e Julian Garriga durante a presentación da Feira do Stock do Carballiño.

O comercio organizará tamén actividades o Día do Pai e na Semana Santa

A Feira do Stock de inverno do Carballiño desenvolverase dende hoxe ata o próximo domingo, na Praza do Emigrante, estando promovido polo Centro Comercial Aberto. Un total de 13 stands de diversos establecementos porán a venta a prezos moi asequibles prendas infantís e de adultos, calzado, complementos, lencería e, por vez primeira, artigos gourmet. Como novidade, os clientes con gasto superior a 10 euros recibirán un sobre con sorpresa no seu interior, xa sexan bonos de compra ou regalos directos.

A feira abrirá hoxe, en horario de 12,00 a 14,00 horas, e de 16,00 a 20,00 horas, mentres que o sábado e o domingo adiantarase a apertura unha hora durante a mañá. "Animo aos veciños a disfurtar dun fin de semana de compras e dos 13 restaurantes que temos asociados", manifestou Julian Garriga, presidente do Centro Comercial Aberto, que aglutina na actualidad un cento de socios.

Garriga tamén se referiu á próxima celebración do Día do Pai cunha campaña que se desenvolverá os días 17, 18 e 19 de marzo durante a que se van promocionar os establecementos acollidos ao Centro Comercial Aberto, con actividades de entretemento, como zancudos que entregarán diversos regalos e figuras de globoflexia ás portas dos comercios, e a realización de talleres para os rapaces na Praza da Veracruz, na Praza Maior e na Praza Emilia Pardo Bazán. Finalmente, informou doutra iniciativa para Semana Santa, do 21 ao 27 de marzo, que baixo o lema de “Semana Santa Divertida”, intentará dinamizar o comercio ofrecendo actividades lúdicas.

O concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, indicou que a promoción do comercio é un dos obxectivos fundamentais para o concello e reiterou o apoio ao comercio de cercanía e ao desenvolvemento de actividades que redunden na dinamización deste sector tan importante no Carballiño. n
 

Te puede interesar