FESTA DO PULPO

Vila Nova de Gaia propón un intercambio turístico coa vila

<p></p>
photo_camera Francisco Fumega e Vítor Rodríguez, cun rabo de polbo, acompañados doutras autoridades.

Unha representación municipal desprazouse á cidade portuguesa para presentar a Festa do Pulpo

O presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Gaia, Eduardo Vítor Rodríguez, propuxo ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, un irmandamento entre a súa cidade e a vila do Carballiño, durante o acto de presentación da Festa do Pulpo nesta metrópoli da desembocadura do río Douro.

O acto desenvolveuse na capela do Espaço Corpus Christi, un antigo convento restaurado como centro cultural, asistindo Mario Duarte e Carla Machado, en representación da presidencia da Asamblea municipal, xunto coa xerente de Turgalicia, Carmen Pita. Por parte da delegación carballiñesa acudiron, ademais do alcalde, os concelleiros Xosé Manuel Dacal, Diego Fernández e Rosario González, así como o portavoz do PP, Argimiro Marnotes, a concelleira Pilar Caride, e o portavoz do BNG, Francisco Ferreiro.

Vítor Rodríguez avogou por promover o intercambio cultural e turístico entre ambas poblacións co obxectivo de difundir as excelencias, incluidas as gastronómicas, e para dar a coñecer o patrimonio histórico-artístico. Francisco Fumega dixo que tomaba en consideración a proposta e deu as grazas tanto pola boa acollida como pola posibilidade de promover a Festa do Pulpo na área metropolitana máis importante de Portugal, tras Lisboa. As autoridades de Gaia confirmaron a súa asistencia á Festa do Pulpo, o 14 de agosto, e anunciaron a actuación dunha agrupación musical e folclórica.

Te puede interesar