O CARBALLIÑO

As Xociviga buscan recuperar o seu espíritu participativo

O obxetivo é recuperar o espíritu participativo das Xornadas de Cine e Video de Galicia dos anos 90, promovendo unha maior implicación dos carballiñeses

As Xociviga (Xornadas de Cine e Video de Galicia) celebraránse do 25 ao 30 de xullo, en Carballiño. O adianto con respecto a anteriores edicións débese á necesidade de evitar a coincidencia cos eventos culturáis previstos para as dúas semanas anteriores á Festa do Pulpo, que terán lugar entre o 1 e o 14 de agosto.

Esta edición das Xociviga está sendo organizada pola Concellería de Educación, Cultura e Xuventude en colaboración con entidades, institucións e persoas vinculadas ao cine, ao audiovisual e á fotografía. Así, cóntase coa axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación provincial, da Universidade de Vigo, da AGADIC, do CGAI, do Cine Club Carballiño e da asociación fotográfica O Potiños, entre outros.

O obxetivo é recuperar o espíritu participativo das Xornadas de Cine e Video de Galicia dos anos 90, promovendo unha maior implicación dos carballiñeses e do público tanto nas proxeccións como nas actividades paralelas, de xeito que volten a ser un referente dos festivais de cine na comunidade.

O cartel, así como as banderolas, mupis e baners para as redes sociais, terán unha nova imaxe, que foi creada polo deseñador carballiñés Suso Obenza. Tanto o cartel como o resto do material de promoción comezarán a distribuirse e colocarse a finais da próxima semana.

Te puede interesar