Unha exposición itinerante de banda deseñada percorrerá os colexios

As Xociviga homenaxean ós ilustradores de cómic

A mostra de banda deseñada pasará do Auditorio á Casa do Concello. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
A segunda etapa das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) do Carballiño céntrase neste mes nas propostas audiovisuais de animación e de banda deseñada. Así, na tarde de onte presentouse no Auditorio municipal o documental 'Radiografía de un escritor de tebeos', dirixido por Marcos Nine, e tamén se inaugurou na mesma sede exposicións da obra máis recente deste ilustrador; do colectivo Polaquia e de novela gráfica.
Esta mostra será trasladada o vindeiro luns á Casa do Concello e logo percorrerá os colexios da vila do Arenteiro, co obxectivo de achegar a arte da ilustración ós seus alumnos. Na Casa da Cultura presentouse un curso de banda deseñada e outro de cine de animación, coa exhibición de traballos realizados por escolares de diferentes centros educativos de Galicia.

Para hoxe, o Cine Clube Carballiño ofrecerá, ás 18.00 horas e na Casa da Cultura, a proxección de parte da película 'Arrugas', presentada no festival de cine de San Sebastián e que non será estreada comercialmente ata o ano vindeiro. Na sesión, o equipo técnico que elaborou a cinta explicará os pormenores da producción.

Te puede interesar