As Xociviga recoñecen a labor de Anxo Santomil á súa fronte

As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) póñense hoxe en marcha de xeito oficial no Carballiño, nunha xornada que rematará cun acto de homenaxe á Anxo Santomil García, un dos seus promotores e que estivo á fronte da coordinación deste evento hai agora 10 anos.
O programa para hoxe comeza ás 18,00 horas coa apertura ó público das exposicións que forman parte das actividades parellas ó certame cinematográfico, 'Os adeuses' e 'Camiños de paz', no Auditorio municipal, e 'Lois Pereiro', na Casa da Cultura.

Nestas mesmas instalacións, está prevista, ás 20,00 horas, a presencia de  Coralie Yap-Chine, da Fundación Araguaney, que leva a cabo o festival de cine 'Amal' de Santiago de Compostela, e que presentará o documental 'Esta es mi tierra, Hebrón'. Ás 23,00 horas, no Auditorio, autoridades municipais e directivos do Cineclube carballiñés protagonizarán o acto oficial de inauguración do festival carballiñés, onde se lle impoñerá a Anxo Santomil a Insignia de Ouro das Xociviga, pola súa contribución ás mesmas. Previamente, proxectaranse no Auditorio as películas 'Martha, Marcy, May e Marlene', ás 18,00 horas, e 'Agora a onde imos?', ás 20,00 horas.

Te puede interesar