As Xociviga recoñecen o labor de Manane Rodríguez

O xurado do Premio 'Xociviga de Honra', que dende hai dous anos concede o Concello do Carballiño, acordou entregalo nesta edición á directora, guionista e productora uruguaia Manane Rodríguez. A comisión, presidida polo alcalde, Carlos Montes, valorou 'o seu labor a prol do audiovisual galego dende que en 1994 comezou a súa andaina profesional na nosa terra, converténdose nunha das prmeiras mulleres empresarias do país'.
Manane Rodríguez é, na actualidade, directora de Xamalú Films, e entre os seus longametraxes destacan 'Retrato de mujer con hombre al fondo' (1997), 'Los pasos perdidos' (2001) e 'Un ajuste de cuentas', no ano 2009.

Te puede interesar