Unha xornada de pesca reunirá ós minusválidos no río Arenteiro

Un grupo de minusválidos físicos da asociación Aixiña de Ourense participará o vindeiro sábado na undécima edición de ‘Pesca sen barreiras’, que se desenvolverá no coto do río Are nteiro co patrocinio de entidades locais.
Uns 20 discapacitados físicos integrados na asociación ourensán Aixiña participarán o sábado 21 de xuño na ‘Xornada de pesca sen barreiras’, que chega á súa undécima edición no Carballiño baixo a organización do colectivo de pescadores do río Arenteiro.

O programa dará comezo ás 10,00 horas nas plataformas especiais ubicadas no couto fluvial fronte ó Parque municipal do Carballiño, e continuará ó mediodía coa entrega de trofeos e o tradicional xantar de confraternidade, cun menú ó prezo de 13 euros.

Xa polo serán, os minusválidos e os seus monitores desplazaranse nunha visita guiada ó Mosteiro de Oseira como remate do programa. A Asociación de Hoteis, o Padroado Municipal de Turismo e a Fundación Comarcal do Carballiño colaboran nesta xuntanza lúdica.


Te puede interesar