Xornada de prevención das adiccións na adolescencia

A xornada, organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño, é hoxe ás 16,30 horas

O Auditorio Manuel María de Carballiño acolle hoxe unha Xornada de Prevención das Adiccións con e sen substancia na adolescencia. Comezará ás 16,30 horas, organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

Os obxectivos que persigue son os de sensibilizar á comunidade educativa e formar aos profesionais do eido da prevención; promover a cultura da prevención comunitaria, creando sinerxias entre institucións e favorecendo a optimización dos equipos de traballo e proxectar socialmente o labor que se ven realizando no eido da prevención no Carballiño.

Está dirixida a profesionais do eido da prevención e da saúde (técnicos de prevención, e pediatras); profesionais do eido da educación (mestres, orientadores e equipos directivos) e pais e membros das ANPAS.

O acto de inauguración correrá a cargo do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e do presidente da Mancomunidade, Manuel Cerdeira. Seguidamente están previstas dúas conferencias sobre “Preveción intregral e comunitaria. Qué podemos aprender do Modelo Islandés?”, impartida por Patricia Ros García (representante rexional para España e Latinoamércia do Modelo Islandés de prevención Planet Youth), e “Adolescentes e Adiccións con e sen substancia: que pasa en España e que pasa na bisbarra de O Carballiño?”, a cargo de Antonio Rial Boubeta (profesor da Universidade de Santiago)

Te puede interesar