As Xornadas de Cine ofrecerán fotografías de Alberto Martí

As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga), que organiza o Cine Clube Carballiño no vindeiro mes de agosto, contarán coa exhibición de
'Os Adeuses', unha mostra de imaxes do fotógrafo Alberto Martí. A exposición, de máis de 50 fotografías, foi producida polo Consello Galego da Cultura e polo Centro Galego das Artes da Imaxe, e reflicte a emigración galega cara América nas décadas dos anos 50 e 60 do pasado século. Alberto Martí fotografiou a saída dos barcos dende os portos de Vigo e A Coruña, cheos de galegos en busca dun futuro mellor, e foi enchendo a súa cámara 'de figuras e de sentimentos, de esperanzas e de tristuras', suliña Ricardo Paz, da organización.

Te puede interesar