O CARBALLIÑO

Xornadas de orientación profesional no colexio de Cea

O CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea organiza as VI Xornadas de Orientación Académica e Profesional, en colaboración cos Concellos de Cea e Piñor, destinadas ó alumnado da E.S.O.

 O CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea organiza as VI Xornadas de Orientación Académica e Profesional, en colaboración cos Concellos de Cea e Piñor, destinadas ó alumnado da E.S.O. e ós seus pais. As xornadas versarán sobre a formación, o emprendemento e a inserción laboral.
O día 20 de abril, as 15,30 horas estarán no centro transmitindo a súa experiencia Noemí González, licenciada en Dereito, xuiza de instrucción e exalumna do centro; Marta Adán, Licenciada en Mediciña e xinecóloga do Hospital Cristal-Piñor; Sonia Moral, esteticista e técnico en depilación hindú, xefa do centro de estética Sonia Moral e tamén exalumna; Óscar Rodríguez, bombeiro no Parque Comarcal de Chantada, e Nuria Álvarez, diplomada en Turismo e traballadora da empresa de organizacións de eventos ServiturCea.


O 22 de abril, ás 15,30 horas está prevista a participación de José Enrique Rodríguez, fundador da empresa Rodríguez López Auto; Omar Rodríguez, policía e exalumno; Uxía Alonso, enxeñeira forestal, enxeñeira de montes e xerente da empresa “Frutos da Mellora”; Fátima Fernández, xornalista e exalumna, e Hilda Rodríguez, licenciada en Farmacia e farmacéutica. Unha das características destas xornadas e que todos os poñentes están vinculados directamente co colexio ou concellos de Cea e Piñor.

Te puede interesar