A Xunta crea 10 unidades para a atención temperá

Fabiola García e Manuel Cerdeira, nas instalacións da Mancomunidade do Carballiño.
photo_camera Fabiola García e Manuel Cerdeira, nas instalacións da Mancomunidade do Carballiño.

A Xunta de Galicia financiará en 2022 a posta en marcha de dez novas unidades de atención temperá, que prestarán servizo a un total de 29 novos concellos, para reforzar e estender a rede pública autonómica. 

A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, anunciou a resolución da orde de axudas para a creación de novos centros, coa que se atende o 100% das peticións formuladas, durante unha visita as instalacións da Mancomunidade do Carballiño, onde se presta o servizo que se extende tamén á Mancomunidade do Ribeiro.

Fabiola García agradeceu o labor que prestan as traballadoras, que serven de guía profesional a milleiros de familias galegas para detectar posibles trastornos de comportamento nos nenos de entre cero e seis anos a través dunha actuación conxunta e interdisciplinar imprescindible para ofrecer unha resposta global ás necesidades do pequeno. Para garantir este servizo, o Goberno galego investirá 6,2 millóns de euros neste exercicio económico.

Te puede interesar