A Xunta modifica os prezos da Residencia de Tempo Libre

A Consellería de Traballo e Benestar actualizará ó IPC as taxas polo uso das Residencias
de Tempo Libre situadas en Panxón (Pontevedra) e Carballiño. Así,modificará os prezos, que non se cambiaban dende o ano 2003, ó tempo que introducirá novos descontos para os usuarios. O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se establecen as novas contías dos prezos para estes centros que contan con 120 prazas cada un.

Deste xeito, as taxas para o uso das instalacións en tempada baixa serán de 23 euros por persoa e día para cuartos de dúas ou máis camas e de 27 euros por persoa e día para cuartos individuais.En tempada media, os prezos serán de 27 euros por persoa e día para cuartos de dúas ou máis camas e de 31 euros por persoa e día para cuartos individuais.

Te puede interesar