O xurado do premio Losada Diéguez decide hoxe os premios

O alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño Castro, preside hoxe o xurado do premio Antón Losada Diéguez, que acada este ano a súa vixésimo sexta edición. A reunión comezará ás 11,00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, coa asistencia de representantes da Real Academia e do Consello da Cultura Galega, as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, Museo do Pobo Galego, Deputación provincial e Concello do Carballiño.
O xurado deberá seleccionar dúas obras, unha entre as 16 presentadas no eido de investigación, e outra entre as 18 de creación literaria, que recibirán 6.000 euros, respectivamente. A entrega de premios farase o día 9 de xuño, no tradicional acto que se desenvolve no pazo de Moldes.

Te puede interesar