Un xurado de expertos decidirá o mesón gañador da segunda ‘Olimpiada da tapa’

Os propietarios dos 13 establecementos de hostelería que participaron na segunda edición da ‘Olimpiada da tapa’ do Carballiño voltaron onte a mostrar as súas creacións no salón de plenos da Casa do Concello.
Dende o 16 de xaneiro ata o pasado sábado, día 6 de febreiro, os clientes emitiron tódalas fines de semana o seu voto cunha puntuación de cero a cinco en cada un dos locais. Os resultados foron dados a coñecer polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, quen destacou ‘as 15.000 tapas servidas en oito xornadas, que igualan en número ás da edición anterior se ben entón había dez días para as degustacións’.

Os tres primeiros clasificados foron os mesóns ‘Ningures’, ‘O Pipote’ e ‘A Trabe de Ouro’, pero a súa posición final no podio decidirase según o criterio dun xurado integrado por tres empresarios de restauración. Concretamente, trátase de Antonio Salgado, José Vázquez e Manuel Ameijeiras, propietarios de tres restaurantes na vila do Arenteiro, que anunciarán o seu veredicto o vindeiro domingo, coincidindo coa entrega dos trofeos e diplomas no xantar oficial da ‘Festa da Cachucha’.

Identificación

Manuel Dacal adiantou algunhas das melloras que se introducirán no concurso en 2011, entre elas ‘premiar a mellor tapa a nivel individual e colocar unhas placas identificativas da ruta gastronómica en cada un dos establecementos colaboradores’. A organización tamén procederá nesta semana a facer o sorteo dun xantar valorado en 200 euros entre os clientes que depositaron as papeletas de votación, e que se celebrará no local que elixa o galardonado.

Te puede interesar