Os agricultores rinden culto ó pemento coa súa festa en Arnoia

O municipio de Arnoia celebra dende hoxe a Festa do Pemento, que na súa edición número 33 prolongarase ata a noite do vindeiro domingo.
A charanga NBA amenizará o acto de inauguración oficial, ás 20,30 horas, coincidindo co acendido dos fogóns onde se friten os pementos, na carballeira de A Queixeira. Media hora máis tarde, e tras unha visita das autoridades ás diferentes casetas de degustación, o actor Ruben Riós dará lectura ó pregón de exaltación deste producto da horta. Ó fío da medianoite deste venres, comezará a quinta edición do festival folclórico do Ribeiro, coa actuación do grupo Riobó, mentres a orquestra Olympus será a encargada de animar a verbena. A organización calcula que nas tres xornadas de festexo se consuman uns 5.000 quilos de pementos, fritos, recheos ou en tortilla.

Te puede interesar