O alcalde deriva a gastos sociais 4.200 euros dun plan xuvenil

O Concello de Ribadavia rexeitou a súa participación nun proxecto do programa 'Xuventude en Acción' da Xunta ó considerar elevada a aportación municipal de 4.200 euros, correspondente ó 30% do orzamento global.
O alcalde, Marcos Blanco, xustificou esta decisión, 'tendo en conta os recortes que fixo o Goberno da Xunta en dependencia, axuda no fogar, conservatorio de música, persoal de limpeza, e brigadas de extinción, entre outros'. Así, o rexedor socialista asegura que prefire destinar ises cartos 'para atender estas prioridades dos cidadáns'.

Te puede interesar