Arteficial aposta pola cultura no medio rural

A asociación Arteficial de Ribadavia quere forxar alianzas fortes e reais entre festivais e colectivos portugueses e galegos, poñendo en marcha a iniciativa “Convívio”, unha xornada de convivencia na que se reúnan creadores, promotores, artistas, colectivos e diferentes axentes da cultura tanto da Galicia como de Portugal.
“Neste encontro falaremos das necesidades da realidade e do potencial dos eventos que estamos a levar a cabo pero tamén queremos que o convívio se convirta nun lugar onde compartir información, no que coñecernos e no que establecer diálogos que leven a un enriquecemento das comunidades ás que pertencemos”, sinala o fundador da entidade, Manuel Araujo, que apuntaba como obxectivo a posta en valor dos eventos que se organizan no medio rural.

O encontro terá lugar o próximo 9 de abril e conta co respaldo da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e do Concello de Ribadavia, entre outros colaboradores.

Te puede interesar