Avión ofrece un servizo de asistencia ós retornados

O Concello de Avión ofrece un servizo específico para inmigrantes e emigrantes retornados, que ten como principales obxectivos acadar a plena integración tanto social como laboral, procurando asistencia a estos colectivos, así como facendo frente e dando resposta a situacións de necesidade ou emerxencia, ademáis de facilitar os recursos básicos, como son o aseo, o alimento ou o vestido.
O servizo leva o nome de 'O rincon do emigrante', e desenvolve actividades de orientación e información nos trámites previos ao retorno, como o referente á nacionalidade española, o pasaporte ou a baixa consular, entroutros.

Tamén se encarga da tramitación de documentación en cuestións relacionadas coa saúde, a educación, as posibilidades de emprego, vivenda de promoción pública e rehabilitación de casas, entroutras.

Te puede interesar