A súa instalación evitaría a caída de obxectos dende o viaducto da autovía

O BNG propón paneis de seguridade sobre o Avia

Viaducto da autovía A-52 (Madrid-Vigo) sobre o río Avia, no municipio de Ribadavia. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A colocación de paneis de protección para evitar a caída de obxetos no viaducto da autovía Rías Baixas (A-52) sobre o río Avia, ó seu paso por Ribadavia, é unha das enmendas ós orzamentos do Estado que foron elaboradas dende o consello comarcal do BNG do Ribeiro, para a súa defensa polo grupo parlamentario nacionalista no Congreso dos Deputados.
Según os representantes do BNG, esta é unha demanda que os veciños do municipo veñen formulando dende fai tempo, pois o viaducto do Avia discorre sobre estradas e sendas peonís moi transitadas, coma é o caso das estradas entre Ribadavia e Carballiño. e a N-120 (Madrid-Vigo), e as pistas de enlace entre o barrio de A Quinza e a localidade de San Cristovo.

O voceiro do BNG na Corporación ribadaviense, Anxo Collarte, suliña que 'a estas vías de comunicación súmase o novo campo de fútbol de herba artificial de O Xestal, 'polo que se fai aínda máis necesaria a colocación de paneis que protexan a posible caída sobre o público de obxectos desprendidos dos vehículos que circulan pola A-52'.


ORZAMENTO

Ademais, o propio Ministerio de Fomento anunciou unha partida para un proxecto de renovación e melloras en seguridade vial na autovía, polo que esta actuación debe incorporarse, según o BNG, cun orzamento de 150.000 euros. n.

Te puede interesar