Bolsas contra a violencia de xénero na vila de Ribadavia

O departamento de Servizos Sociais de Ribadavia pon en marcha unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero dirixida á sociedade en xeral coa entrega de 5.000 bolsas a 50 comerciantes coa mensaxe '25 de novembro de 2011, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, está na túa man'.
Coa posta en marcha desta acción, enfocada fundamentalmente a promover e fomentar un modelo de sociedade digna e igualitaria para mulleres e homes, preténdese 'favorecer a análise da situación social actual, e as reflexións que faciliten o cambio de actitudes ante os estereotipos e o xénero', segundo manifestou o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco.

Unha segunda acción levarase a cabo o 19 e 26 de novembro e consiste no Obradoiro Xogando en Igualdade para nenos de seis a 12 anos, de 10,30 a 13,30 horas, na Casa da Cultura, con participación gratuita.

Te puede interesar