O campo do Xestal abrirase ós equipos de base

A Concellería de Deportes de Ribadavia accedeu á solicitude formulada polo clube de fútbol Ribeiro para permitir o acceso do equipo cadete ó campo municipal de O Xestal para adestramentos e disputa de partidos oficiais, se ben o Ribadavia Atlético manterá o uso preferente das instalacións.
O Ribadavia Atlético manterá o uso preferente do campo de fútbol do Xestal como ven facendo dende a construcción deste recinto deportivo, mentres que o campo de terra anexo seguirase a utilizar para o deporte de base, e en réxime conxunta por parte dos clubes ribadavienses Ribeiro F.C., Ribadavia e Francelos, que posúen equipos infantís e xuvenís, según indicou o tenente de alcalde, Anxo Collarte.

O tamén concelleiro de Deportes indicou que ‘dado que non existe un dereito de uso exclusivo e se necesita potenciar o deporte de base ofertando as mellores instalacións de que dispoñemos, o Concello accede á petición formulada polo Ribeiro F.C. para permitir o acceso ó Xestal do seu equipo cadete para adestrar e desputar partidos de competición oficial durante a presente tempada, aboando as correspondentes taxas pola utilización das instalacións’.

Proxecto

O edil nacionalista admite o importante reto de modernizar as instalacións municipais para a práctica do fútbol, pero denuncia ‘o demoledor freo que neste sentido supón a paralización do proxecto de reforma do campo do Xestal dende a chegada do PP ó goberno autonómico’.


Te puede interesar