INICIATIVA

Carballiño e O Ribeiro comparten guía turística

uploaded_guia
photo_camera Presentación da guía 'O Ribeiro-Carballiño. Baixo outra mirada'.

Foi impulsada polo Grupo de Desenvolvemento Rural e a asociación 'O Potiños'

O Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-O Ribeiro (GDR9) presentou a guía fotográfica "Carballiño - O Ribeiro. Baixo outra mirada", no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación ourensán, composta por fotografías feitas polos membros da Asociación carballinesa “O Potiños”, que aportou para a súa selección un total de 1.400 fotografías. A guía queda a disposición dos concellos de ambas comarcas que participan no GDR9 para que as repartan como estimen oportuno. Nela afóndase nas paisaxes e no patrimonio histórico, entre outros aspectos.

O GDR9, en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), xestiona o plan Leader para os concellos do Carballiño e O Ribeiro, onde se investiron a través deste programa 2.050.000 euros destinados a máis dun centenar de solicitudes que supuxeron un investimento global de case 5.300.000 euros coas aportacións particulares. A boa xestión do plan Leader por parte deste grupo fai posible que o GDR9 sexa considerado o mellor e o máis activo da provincia ourensán e o sétimo dos 31 que existen en toda Galicia.

O presidente do grupo, Francisco José Fernández, confía en volver a obter novos fondos, unha vez que xa se esgotaron os más de 2 millóns de euros e que quedan aínda proxectos pendentes de executar. As iniciativas que se desenvolveron incidiron na potenciación do sector termal, a valorización do sector vitivinícola e o apoio ao enoturismo.

Asistiron á presentación o subdirector de Agader, Javier Blanco; o presidente do GDR9, Francisco José Fernández; o presidente da Asociación Fotográfica “O Potiños”, Manuel Blanco; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; e o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez.  

Te puede interesar