O RIBEIRO

Castrelo aproba axudas para promoción social

photo_camera Os clubes de deportes acuáticos de Castrelo tamén serán beneficiarios das subvencións.

Destinará 31.000 euros á natalidade e a actividades culturais e deportivas 

O concello de Castrelo de Miño adica 31.800 euros a subvencións de promoción social, concretamente para o desenvolvemento de actividades culturais e deportivas e tamén de axuda á natalidade. Tras aprobarse o orzamento de 2015, no que se recollía xa ese partida económica, a Xunta de Goberno local aprobou as bases xerais polas que se rexerán as axudas. Por primeira vez, realizarase unha convocatoria por concurso público para que poidan participar todas as asociacións do municipio.

A distribución será de 12.000 euros para festas e actividades musicais de todas as parroquias; 2.500 en axudas á natalidade; 5.000 de promoción cultural e 12.300 de promoción deportiva, dirixida a clubes deportivos.

Te puede interesar