O Concello conta con axuda europea para construir un edificio anexo ás actuais instalacións

Castrelo dotará o seu pavillón de dúas saunas e un ximnasio

Un equipo de fútbol sala femenino, no pavillón de deportes de Castrelo de Miño.
O Concello de Castrelo de Miño procederá en próximas datas a iniciar as obras para a construción dun edificio anexo ó pavillón de deportes municipal, que se destinará a creación dun novo ximnasio, para o que se conta xa cos aparatos adquiridos hai meses. O mesmo tempo, dentro deste proxecto de ampliación, no pavillón realizarase unha mellora das cubertas e dos canos e recollidas de auga, ademáis da posta en marcha de dúas saunas en sendos vestiarios, femenino e masculino.
A inversión ascende a 40.000 euros, dos que o 87% son Fondos Europeos de Ayuda al Desarrollo Rural (Feader), aportando o Concello o restante 13%. 'Priorizouse esta inversión vista a participación dos veciños nas escolas deportivas para todalas idades que funcionan ininterrumpidamente dende 2008', indicou o alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez Méndez.

O rexidor lembra que 'en 2008 voltou a abrir de novo un pavillón municipal en desuso dende a súa construcción no ano 1989, e tras reparar graves problemas estruturais'. A partir de ahí, un dos obxectivos das autoridades locais foi a promoción do deporte entre a poboación sen discriminación de idades, para o que se impulsaron diversas escolas.

Este 5 de novembro empezaron as clases de ximnasia de mantemento, escolas infantís e ximnasia xeriátrica, entroutras, da temporada 2012-2013, ás que se apuntaron 116 persoas. Esta é a media dos últimos anos, segundo indican as autoridades, xa que sempre se superan os 100 inscritos. Delas, o 70% son mulleres e o 30% homes; ata 18 anos son o 25%; de 19 a 40 anos son o 30%; de 41 a 65 o 30% e maiores de 65 son o 15% dos inscritos. O rexidor apunta como proba do éxito que 'a persoa con mais idade en ximnasia de mantemento ten 85 anos, e en ximnasia xeriátrica ten 87 anos'.

Te puede interesar