Castrelo de Miño detecta consumo ilegal da auga

Como consecuencia da adxudicación por parte do Concello de Castrelo de Miño da xestión de suministro de auga á empresa AquaOurense, detectáronse usuarios que non están incluídos nos correspondentes padróns deste servizo e que utilizan clandestinamente a auga. Por ese motivo, as autoridades municipais advirten coa publicación dun bando de que 'aqueles veciños que estean nesa situación deberán acudir no prazo máis breve posible ás oficinas municipais para formalizar a alta no servizo e posterior instalación do correspondente contador'.
De non facelo, informa o Concello que en vindeiras datas procederase á iniciar contra eles os correspondentes expedientes sancionadores por infraccións tributarias.

Para regularizar dita situación e así evitar a sanción económica, os veciños disporán ata o día 1 do próximo mes de marzo para tramitar as novas altas nas oficinas municipais sitas no albergue do Club Náutico de Castrelo de Miño, en horario de 9,00 a 13,00 horas, e proceder a instalación dos correspondentes contadores.

As irregularidades detectadas polos técnicos de AquaOurense teñen que ver con consumos de auga que non se declaran nin están autorizados polo Concello, e que están utilizando clandestinamente este servizo.

Te puede interesar