Cenlle ofrece unha xornada de orientación deportiva

Con motivo da inauguración do circuito permanente de orientación deportiva en Cenlle, o alcalde deste municipio, Gabriel Alén, ten en conta que se trata dunha modalidade descoñecida para moita xente, e por ese motivo organiza para hoxe, na casa do pobo de Barbantes, ás 17,00 horas, unha xornada gratuita de iniciacion e aprendizaxe sobre a orientacion deportiva para a cal e preciso inscribirse no concello ou no Club Limiactiva, que se encarga de programar a primeira proba, prevista para o domingo.

A proba está promovida polo Concello de Cenlle para dar a coñecer este novedoso circuito situado na área termal deste municipio. Será a partires das 10,00 horas. 

Te puede interesar