O centro xuvenil de Ribadavia abrirá as súas portas en maio

Os traballos de rehabilitación do inmoble que acollerá a Casa da Xuventude de Ribadavia, na súa ubicación da rúa Porta Nova de Abaixo, estarán rematadas en poucos días, según asegurou o concelleiro de Cultura, Anxo Collarte. Esta obra supuxo a distribución en tres prantas de 50 metros cadrados cada unha, nas que se ubicarán cinco espazos para os usuarios.
Concretamente, habilitáronse dependencias para a Oficiña Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e outras catro salas para xuntas, exposicións, multimedia e novas tecnoloxías, ademais de almacéns, aseos e un arquivo. Anxo Collarte prevé que as instalacións estén abertas ó público no vindeiro mes de maio, 'unha vez acometidos os traballos de dotación de medios e mobiliario'.

Neste aspecto, o Concello incorporará a dúas persoas do Servizo de Voluntariado Europeo, ó traverso dunha axuda económica de 32.489 euros da Unión Europea, que estarán traballando na Casa da Xuventude ata maio de 2011. O edil de Cultura adianta que 'este espazo estará aberto a toda a mocidade ribadaviense'.

Te puede interesar