Cortegada será o titular dun tramo do vial a Xinzo de Limia

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de onte o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun resto antigo da estrada autonómica Xinzo de Limia- Cortegada (OU-531) a prol do Concello de Cortegada.
O Concello solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade dun resto da estrada OU-531, así como do terreo asociado ao dito resto no lugar de Refoxos.

A Axencia Galega de Infraestruturas remitiu informe favorable do cambio de titularidade do tramo debido a que xa non forma parte do eixe central da estrada. Correspóndenlle ao Concello de Cortegada, a partir da formalización da entrega, todalas actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria como novo administrador.

Te puede interesar