A crise da industria de ataúdes, no Parlamento

O grupo parlamentario socialista presentou á Mesa do Parlamento autonómico unha pregunta, solicitando resposta oral en pleno, sobre a crise das industrias de ataúdes, no senso de si 'ten pensado tomar algunha medida propia o Goberno de Galicia para apoiar a un sector industrial tan importante na provincia de Ourense', sinala.

As orixes do problema son variados, dende a situación de crise xeral da economía, aos problemas xerados pola importación de China nunha situación de clara competencia desleal que é consecuencia dos baixos salarios no país asiático e a ausencia de aranceles, ademáis da forte repercusión da excesiva suba do IVA.

O sector está localizado basicamente nos concellos de Ribadavia e Piñor e os socialistas refírense á necesidade de manter este liderazgo e conservar os postos de traballo que xenera.

Por outra banda, o mesmo grupo parlamentario do PSdeG tamén se dirixe á Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, preguntando se a Xunta ten demandado do Goberno de España actuacións para limitar os efectos da competencia desleal na importación de ataúdes e sobre cales son as condicións económicas, laborais e ambientais dos países exportadores neste sector. Ademáis, os parlamentarios preguntan si se teñen tomado medidas para evitar dita competencia deslear e se a Xunta ten solicitado que se tomen medidas fiscais e arancelarias.

Con anterioridade, o senador socialista, Miguel Fidalgo, tamén solicitou da Cámara Alta información similar a dos parlamentarios.

Te puede interesar