Cruz Vermella crea un punto para a búsqueda de emprego

A Cruz Vermella O Ribeiro pon en marcha un novo proxecto atendendo ás demandas da sociedade da comarca e coa xestión dos seus propios recursos. Consiste en convertir o local do que dispoñen na Alameda de Ribadavia durante dous días por semana en un Espazo de Búsqueda Activa de Emprego (EBAE).
'Será un punto de búsqueda de emprego ao que poden acudir as persoas en situación de desemprego, aínda que imos facer máis incapé en aquelas persoas máis vulnerables que doutra maneira non terían acceso a este tipo de recursos', puntualiza a coordinadora, Laura Hermida.

Os usuarios terán a súa disposición os medios precisos para elaborar currículums ou cartas de presentación, acceso a internet gratuito e ás ofertas de emprego da prensa. Ademáis poderán contar co apoio do persoal técnico e de voluntarios especializados neste labor.

Os servizos sociais de base van a encargarse de derivar á Cruz Vermella usuarios nos que detecten estas carencias e que non dispoñan das ferramentas necesarias para realizar esta tarefa pola súa conta, ben por descoñecemento ou por falta de formación. Estará aberto os martes e xoves de xaneiro, dende as 16,00 ata as 19,00 horas. No mes de febreiro informarase do novo horario.

Te puede interesar