Os ecoloxistas alertan da seca continua dos amieiros no Avia

Os fungos que afectan os amieiros nas ribeiras dos ríos Avia e Arenteiro están a provocar unha seca continuada destas árbores, según apuntan ecoloxistas da comarca do Ribeiro. Así, a asociación 'Coto do Frade' vén de reiterar que 'nin os Concellos afectados nin a Xunta están a tomar medidas para solucionar este problema, que xa está a afectar a más de medio milleiro destas árbores nas ribeiras do Arenteiro e Avia'.
Os representantes deste colectivo naturista rexeitan o procedemento de talas, 'xa que podería infectar a outras especies do mesmo tipo', e apostan por un seguimento da praga de fungos 'para coñecer realmente cales son os que están producindo a enfermidade', sinalan.

Neste sentido, a concelleira de Medio Ambiente de Ribadavia, Manuela Iglesias, asegura non ter ningún coñecemento de actuacións por parte da Xunta, 'xa que tan só foron traballadores da Confederación Hidrográfica quenes se encargaron de retirar do cauce do Avia as árbores mortas'. A praga extendouse hai dous anos dende a capital do Ribeiro ata os municipios de Beade, e agora ameaza os amieiros de Leiro'.

Te puede interesar