Os ecoloxistas denunciaron os verquidos no río Avia

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade presentou unha denuncia ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre la situación do río Avia a raíz dos últimos vertidos polo desbordamento do colector de augas residuales. Os ecoloxistas sinalan que a denucia é unha resposta 'ante a insistencia dun innumerable grupo de veciños de Ribadavia e outras zonas do Ribeiro, así como de pescadores de zonas colindantes, alarmados pola presenza de espumas no río Avia nos últimos meses'.
Por todo elo, a entidade solicita que 'se faga un análise pormenorizado, non só das características físico químicas do río, senón tamén dos indicadores biolóxicos, co motivo de avaliar de xeito completo, veraz e verificable o estado ecolóxico deste'. Ademais, piden que se depuren responsabilidades tras unha investigación máis contundente e, entre outras cousas, que se apliquen as sancións correspondentes.

Te puede interesar