Voceira da Coordenadora da Festa da Istoria

Elvira García:‘A festa non se planifica en dous días’

A Festa da Istoria ten detrás un amplo grupo de traballo coordenado, do que Elvira García é a súa voceira.
A Coordenadora da Festa da Istoria a forman un grupo de veciños de Ribadavia que ano tras ano -e xa están chegando ós 20se encarga da organización dun dos eventos de recuperación histórica máis relevantes de Galicia. Elvira García Hermida é un dos membros desta agrupación e a súa voceira dende a primeira edición do festexo.

¿É difícil levar a bó porto un evento desta magnitude? Cecais cando comezamos, aló polo ano 1988 non tiñamos a experiencia que temos todos agora e resultaba un pouco complicado. Pero hai que ter en conta que a festa non se planifica en dous días, senón que hai un traballo semanal de preparación ó longo de todo un ano, con xuntanzas e deseño de obradoiros e actividades atracticos para veciños e visitantes.

¿Hai colaboración de autoridades e veciños? Non podemos ter queixa. Ó redor da Festa da Istoria, e aparte da axuda que prestan tanto a Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e Tráfico, hai detrás un numeroso grupo de voluntarios que se encarga en todo momento tanto da posta en marcha coma do desenrolo de toda a xornada adicada a idade media.

¿E cal é o comportamento dos hosteleiros da vila? Sempre houbo unha boa comunicación con eles a nivel organizativo. Un dos exemplos é que nos seus locales permiten o uso do maravedí para abonar as consumicións todo o día e incluso despois de que se pecha o banco -Alhóndigapara cambiar os euros. A organización encárgase logo do troco á moeda de curso legal.

¿Cantos maravedís se poñerán en circulación? Para esta edición calculamos sobre uns 400.000 e o troco volverá a ser un maravedí por un euro, do que a organización se queda cun 10% para sufragar parte dos gastos. Esto quere dicir que se unha persoa entrega 10 euros recibe nove maravedís. Tamén se manteñen os billetes de cinco, 10 e 50 céntimos e un maravedí, ademais das moedas de cinco e 10 maravedís.

¿Haberá novidades no desenrolo da festa? Aínda que a Coordenadora da Festa está perfilando os últimos detalles, xa podemos adiantar que tanto o torneo medieval como a exhibición de cetrería, que outros anos eran no Campo da Feira, vanse trasladar ó campo de fútbol do Xestal. E o mesmo sucede co campionato de tiro con arco, que cambia á Alameda xunto coa demostración de lanzamento con honda. Por ise motivo, fletaranse autocares dende o cruce coa estrada do Carballiño para toda a xente que desexe achegarse ata alí. Por outra banda, o desfile dos abanderados -Sbandieratoride Italia tamén partirá dende a Praza Maior ata O Xestal.

Te puede interesar