Un estudio reflexará as posibilidades de montar negocios

A Oficina de Fomento e Promoción do Cooperativismo da Mancomunidade do Ribeiro está traballando na realización dun estudo para detectar posibles oportunidades de negocio na comarca, que son susceptibles de constituírse empregando a fórmula cooperativa e de aproveitar e por en valor os recursos do territorio.
O estudo tamén servirá de base para outros axentes dinamizadores como os axentes locais de emprego. Será remitido á Xunta e estará a disposición do público na oficina para a súa consulta.

Te puede interesar