Exposición no museo de proxectos para o casco histórico

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugura hoxe unha exposición temporal, que leva o título de 'Ciruxía Urbana'. Trátase da mostra de cerca de 30 proxectos de fin de carreira de Arquitectura sobre o casco histórico de Ribadavia.
Os proxectos céntranse en distintos ámbitos de obra pública e privada como a rehabilitación de vivendas particulares, un museo, un teatro e intervencións en outros inmuebles e espacios públicos.

A exposición ofrece a planimetría e as maquetas de cada un destes proxectos de fin de carreira para mellor coñecemento dos visitantes.

Te puede interesar