Un foro de debate abordará o voluntariado no Ribeiro

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Ribadavia organiza para o próximo 8 de outubro un foro local sobre 'Oportunidades de voluntariado: unha cidadanía sostible'. 'Neste programa se falará sobre as posibilidades de formación que ofrece o voluntariado local e europeo, incentivos que se ofrecen, captación de voluntarios, fomentar o voluntariado local e sobre axudas e subvencións a asociacións e entidades para acollelos', matizaron os técnicos da oficina municipal.
No foro está prevista a participación de técnicos da Xunta e locais, responsables políticos e entidades de Ribadavia e comarca do eido cultural, social e ambiental.

Te puede interesar