A Garda Civil enseña ós maiores a vivir máis seguros

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia, en colaboración coa Garda Civil de Ourense, e co obxectivo de mellorar a seguridade de persoas maiores, tanto das que viven soas, como acompañadas, impartirá dúas xornadas na vila cabeceira do Ribeiro.
A primeira delas está prevista mañá, no Centro Comarcal, ás 16,00 horas. Mentras que a segunda será no Centro Social de Francelos, á mesma hora do día seguinte (4 de novembro).

Estas xornadas enmarcanse dentro do 'Plan Maior Seguridade' que se está a levar a cabo polo Ministerio do Interior en toda España. Serán impartidas por un axente da Garda Civil experto na prevención e seguridade das persoas maiores en distintos ámbitos como os domicilios, durante os viaxes que realizan, na vía pública, nas entidades bancarias e tamén para que aprendan a utilizar internet con seguridade.

Te puede interesar